venres, 21 de outubro de 2016

"A orella dereita de Antón de Leivas" Álvaro Cunqueiro


A orella dereita de Antón de Leivas “Os outros feirantes” Álvaro Cunqueiro.


Un domingo ao saír da misa, un amigo do mozo Antón de Leivas descóbrelle a este que a súa orella dereita medrou moito máis ca esquerda. A familia de Antón confírmalle a diferenza entre as orellas e que esta aumenta co paso do tempo. Antón preocupado consulta o seu regresa a súa aldea pero pola curiosidade dunha veciña convértese nunha atracción para nenos e grandes pois se decatan de que pola orella dereita de Antón escóitase o son do mar.
Con este sorprendente talento conquista a María de Don e casa con ela.
Tema: A orella dereita de Antón transforma a súa vida nunha bendición.
Antón, ao principio do relato, aparece presentado pola súa idade “mozo de vintecatro anos”(l.2), talla “mediana estatura” (l. 2), cor de pel “arroibado” (l.2) e
circunstancias da súa vida como a convivencia familiar”vivía cos seus pais e irmáns” (l.1), lugar de residencia “Vilarelle”(l.1) e nivel socioeconómico da súa familia”Os Leivas tiñan unha boa labranza ...e era seu o bosque de Portela” (l.3). Sen embargo será a súa orella dereita a que condicionará a súa vida proporcionándolle un atractivo social peculiar ata o punto de que por medio dela seduce a dúas mulleres: unha viúva, ben conservada e de procedencia urbana” coruñesa ela, moi branca de pel e aínda de bo ver” (l.19-20) que descobre o seu talento”mariño” e a outra, María de Don, caracterizada cun só adxectivo “garrida”(l.24) que inclúe valores positivos como: nova, fermosa, louzá e forte. O don especial de Antón conquista o corazón de María, antes indiferente con Antón “ unha moza que nunca lle fixera caso a Antón”(l. ).
As accións transcorren en torno a aldea de Vilarelle, pertencente na actualidade ao concello de Outeiro de Rei (Lugo). Estas alusións toponímicas”...en Vilarelle...fraga de Unces...médicos de Lugo “mar do Orzán”(l.1-14) ou o xentilicio “coruñesa” (l.19 e 26) aportan notas realistas e obxectivas ao encadre espacial contrastando fortemente coa natureza humorístico-fantástica da temática central do relato a orella dereita de Antón reproduce o son das ondas do mar.
As referencias temporais son simples mecanismos narrativos sen maior relevancia na trama”Un domingo calquera” (l.4),”Un día, unha veciña”(l.19),
e desde entón”(l.23).
O narrador en 3ª persoa singular é neutral ou obxectivo traslada as accións ata a mirada dos lectores, sen intervir nin acentuar con intención as peripecias fantásticas que lle ocorren a Antón desde que descobre o aumento de tamaño
da súa orella dereita.

mércores, 5 de outubro de 2016

María, Xente no rodicio. Xosé Neira Vilas


TEXTO “MARÍA”: Xente no rodicio de Xosé Neira Vila.

María cada tarde agardaba, con ilusión e esperanza, a chegada o autobús “o coche de liña” (l.1)
pero nel nunca chegaba o seu amado (l.10)

Tema: Cada día María tiña a esperanza do regreso do seu amado e cada tarde ela perdíaa.

O coche de liña, aínda non sendo un personaxe ocupa un papel fundamental na historia. Forma
parte tamén da rutina da vila e conforma a ilusión de María e a súa desesperanza diaria. O vehículo
levou alguén lonxe de María hai moito tempo e el tería que traelo de volta.

De María destaca a súa obsesión diaria de agardar a chegada de alguén (que non coñecemos)
e o seu desencanto cotiá porque non regresa. (l.7-10). A súa obstinada posición revela un amor constante e firme que non se dobrega ante a ausencia do namorado.

Referencias como “as casas e polo agro” (l.2) “saía á eira” (l.4); “desde a sebe” (l.5) sitúan as accións nun espazo rural conectado coa vila “polo coche de liña” (l.1). É o lugar onde se agarda o regreso de quen partiu de alí, é a esperanza, a firmeza do amor nobre.

A expresión temporal “Arredor das sete da tarde” localiza cronoloxicamente (l.1) a ilusión diaria,
o momento esperanzado do día ten unha concreción no feito de chegar o autobús “Cada tardiña”
(l.3).

Finalmente aclarase temporalmente que María xa leva facendo esta rutina obsesiva desde hai
moito tempo “María xa non era a de antes” (l.9). “Tiñan pasado moitos anos”

Todas as expresións temporais finais revélannos un amor constante, fiel á figura do amado.
O narrador está en 3ªps., é omnisciente porque coñece “sentimentos e emocións dos pxes”:”semellaba un aturuxo familiar co que todos estaban afeitos”(l.23);”Para María era moito máis”(l.3);”era un murmurio íntimo”(l.7); “tremaba o seu corazón namorado”(l.10).

luns, 3 de outubro de 2016

Que me queres, Amor? fragmento. Comenta Martín Pérez Domínguez a véspera do seu aniversario. 3º B

Este fragmento de Que me queres, amor? , conta unha pequena historia  dun mozo chamado Tino, que está namorado da personaxe principal feminina Lola. Este protagonista finxe encontros "casuais" para poder vela debido a que está namorado. Lola, é unha auxiliar de caixas, traballa nun Hiper, esta é a protagonista feminina, xunto a o seu amigo ou namorado Tino, o protagonista masculino da historia. Nesta historia hai máis personaxes, non tan importantes, como Perla, unha agradable cadela á que Lola lle facía carantoñas, ou Dumbo, un personaxe secundario que é amigo de Tino. Todo isto ocorre nun Hiper que só estaba aberto de día, era o traballo de Lola, e máis  un paseo a carón dun río polas noites, en onde Tino demostra que el pode ser, amable, estratega, un home namorado... Por outro lado Lola demostra que pode ser encantadora, traballadora, amable, amorosa e simpática.

xoves, 29 de setembro de 2016

Que me queres, Amor? Fragmento. 3º ESO (2016-17)

O personaxe narrador, Tino, comparte con nós o namoramento que sente por Lola, unha patinadora auxiliar de caixeiras, e como eses sentimentos o impulsan a provocar unha serie de coincidencias con ela tanto no Híper coma no barrio no que ambos residen. (l. 10-11)
 O pxe. principal é Tino, del só coñecemos a admiración amorosa que sente por Lola, unha veciña do barrio e, aínda que no fragmento non se percibe claramente, semella non ser correspondido pola moza" fíxenme o despistado" (l.8). Desta situación afectiva destaca a estratexia do personaxe de facerse o casualmente encontradizo con Lola.(l.9-10). Lola, personaxe feminina coprotagonista, crece antes os nosos ollos porque o narrador está implicado emocionalmente con ela e preséntaa como unha moza con garbo e gracia que se move sobre os patíns con habilidade. O atuendo de traballo formado por unha  saia plisada reforza a súa feminidade e captura a atención do seu admirador, o mesmo que a súa cabeleira longa e morena(l.5-6). Pola nota final do fragmento percibimos que simpatiza cos cans pois acariña a cadela de Tino cando coincide con eles no paseo nocturno.
O Híper é o escenario principal, lugar de traballo da moza, serve para describir minimamente o personaxe, as características da súa ocupación laboral e para amosarnos algún dos calculados movementos do mozo para vela.
"Pola mañá, a primeira hora" (L.3) localiza a acción principal do fragmento nas primeiras horas da xornada e resulta imposible no fragmento averiguar cal é a razón deste horario. Outra referencia temporal interesante sería "O paseo nocturno de Perla"(l.9-10),"Eran os minutos máis preciosos do día"(10-11) momentos exclusivos e de certa intimidade na valoración emocional de Tino, condicionado como está polos seus sentimentos.

mércores, 28 de setembro de 2016

Que me queres, Amor?

Fragmento de Que me queres, Amor? Pertencente á obra homónima de Manuel Rivas. 3º A -1ª avaliación. Introdución ao estudo e análise de textos narrativos. Pablo Formoso.

Cóntase a historia de Tino que vai ver a súa amada ao Híper .
Os personaxes son Tino, o protagonista, Lola, a súa amada, que ten unha longa cabeleira morena e traballa no Híper e, por último, Perla, a cadela do protagonista( sen ela non se podería levar a cabo a historia).
Desenvólvese no Híper( na caixa central), a primeira hora.

Sabemos que ocorre pola mañá porque no último parágrafo di “ o paseo nocturno de Perla estaba rigorosamente sometido ao horario de chegada de Lola”.

martes, 28 de xaneiro de 2014

A Virxe do Cristal. Manuel Curros Enríquez

Plano do contido dos versos que conforman a presentación ou introdución da lenda da Virxe do Cristal.
Tema:  Don Xácome e a historia de amor entre os seus criados Rosa e Martiño.


Argumento: A voz poética fala do dono dun castelo situado en Vilanova dos Infantes(Ourense) que odiaba Galicia. Tamén fala dos seus dous serventes Rosa e Martiño dando a coñecer algúns datos sobre eles dous. Na parte final conta en poucas palabras a historia amorosa entre eles.
Realizado por Marcos G. O. 3ºA.

luns, 13 de xaneiro de 2014

Personaxes e espazo na "Cántiga". 1ª tarefa.

CÁNTIGA. MANUEL CURROS ENRÍQUEZ.
Comentario literario. [feito por tres raíñas do comentario aínda aprendices.]
Plano do contido:
  1. Tema: Dor dunha insoportable separación con dobre tráxico final.[ por Ainhoa]
  2. Argumento:  A voz poética conta que unha moza está desolada porque o seu amado marchou, pensa que non vai  encontrar ninguén máis con quen pasar a súa vida.Esta moza  está moi triste, desafógase con miles de bágoas nun xardín ao pé da lúa, como se así, puidese sentir o seu amado máis cerca.
    O amado, emigra nun barco con destino a América, pero este galán, séntese aflixido, só, como se deixase a súa vida atrás, e por un intento de volver xunto a ela, vai camiñando pola popa e máis tarde afoga no mar. [por Rapasa].

  3. Personaxes: Preséntase a personaxe feminina no verso 3 “unha nena” denominación afectiva coa que o narrador asume a complicidade emotiva que quere manter coa personaxe. Esta moza está desconsolada “choraba sin trégolas”(v.3), sofre sen descanso por causa dun mal de amores que o lector non identifica claramente neste instante poético e que se pon de manifesto en “os desdéns dun ingrato galán”(v.4). A voz feminina lamenta o seu desamparo, a vida sen sentido que se presenta ante ela trala ausencia do seu amor”Xa no mundo non teño a ninguén…non ven os meus ollos/os olliños do meu doce ben”(v.6-8).`[por Outra]
       A imaxe masculina, en primeiro lugar [na súa primeira mención], amósase como culpable do sufrimento da nena coa súa desconsideración cara ela, pois non parece corresponder debidamente os sentimentos da namorada”… choraba sen trégolas/os desdéns dun ingrato galán” (v.3-4). A partir do verso 14 a visión deste personaxe tórnase moito máis positiva e implicada sentimentalmente. Percibimos, claramente, un home desgrazado, lastimado tamén pola dor de verse forzado a deixar a súa terra, o seu amor. “Emigrado, camiño de América/vai o probe, infelís amador”(v.16-17).
  1. Localización espacial: A muller aparece no xardín onde probablemente atope a soidade reflexiva que procura para expresar a súa íntima desolación. Tamén a noite acolle a súa aflición envolvendo as emocións románticas baixo a “mirada” da lúa chea. Custa pouco imaxinar este escenario sentimental como testemuña do amor dos namorados, lugar de confidencias e intercambios amorosos compartidos pola parella.

    O infelís amador sitúase xa,nun barco,viaxando cara América. A separación destrúeo afectivamente e aférrase á amada e a súa terra, aproximándose á parte máis cercana a elas “a popa do barco”(v.14).