mércores, 5 de outubro de 2016

María, Xente no rodicio. Xosé Neira Vilas


TEXTO “MARÍA”: Xente no rodicio de Xosé Neira Vila.

María cada tarde agardaba, con ilusión e esperanza, a chegada o autobús “o coche de liña” (l.1)
pero nel nunca chegaba o seu amado (l.10)

Tema: Cada día María tiña a esperanza do regreso do seu amado e cada tarde ela perdíaa.

O coche de liña, aínda non sendo un personaxe ocupa un papel fundamental na historia. Forma
parte tamén da rutina da vila e conforma a ilusión de María e a súa desesperanza diaria. O vehículo
levou alguén lonxe de María hai moito tempo e el tería que traelo de volta.

De María destaca a súa obsesión diaria de agardar a chegada de alguén (que non coñecemos)
e o seu desencanto cotiá porque non regresa. (l.7-10). A súa obstinada posición revela un amor constante e firme que non se dobrega ante a ausencia do namorado.

Referencias como “as casas e polo agro” (l.2) “saía á eira” (l.4); “desde a sebe” (l.5) sitúan as accións nun espazo rural conectado coa vila “polo coche de liña” (l.1). É o lugar onde se agarda o regreso de quen partiu de alí, é a esperanza, a firmeza do amor nobre.

A expresión temporal “Arredor das sete da tarde” localiza cronoloxicamente (l.1) a ilusión diaria,
o momento esperanzado do día ten unha concreción no feito de chegar o autobús “Cada tardiña”
(l.3).

Finalmente aclarase temporalmente que María xa leva facendo esta rutina obsesiva desde hai
moito tempo “María xa non era a de antes” (l.9). “Tiñan pasado moitos anos”

Todas as expresións temporais finais revélannos un amor constante, fiel á figura do amado.
O narrador está en 3ªps., é omnisciente porque coñece “sentimentos e emocións dos pxes”:”semellaba un aturuxo familiar co que todos estaban afeitos”(l.23);”Para María era moito máis”(l.3);”era un murmurio íntimo”(l.7); “tremaba o seu corazón namorado”(l.10).

Ningún comentario:

Publicar un comentario