CÁNTIGA. MANUEL CURROS ENRÍQUEZ.
Comentario literario. [feito por tres raíñas do comentario aínda aprendices.]
Plano do contido:
- Tema: Dor dunha insoportable separación con dobre tráxico final.[ por Ainhoa]
- Argumento: A voz poética conta
que unha moza está desolada porque o seu amado marchou, pensa que non vai encontrar ninguén máis con quen pasar a súa
vida.Esta moza está moi triste, desafógase
con miles de bágoas nun xardín ao pé da lúa, como se así, puidese sentir o seu
amado máis cerca.
O amado, emigra nun
barco con destino a América, pero este galán, séntese aflixido, só, como se
deixase a súa vida atrás, e por un intento de volver xunto a ela, vai camiñando
pola popa e máis tarde afoga no mar. [por Rapasa].
- Personaxes:
Preséntase a personaxe
feminina no
verso 3 “unha nena” denominación afectiva coa que o narrador asume a
complicidade emotiva que quere manter coa personaxe. Esta moza está
desconsolada “choraba sin trégolas”(v.3), sofre sen descanso por causa dun mal de amores que o lector non identifica claramente neste instante
poético e que se pon de manifesto en “os desdéns dun ingrato galán”(v.4).
A voz feminina lamenta o seu desamparo, a vida sen sentido que se presenta
ante ela trala ausencia do seu amor”Xa no mundo non teño a ninguén…non ven
os meus ollos/os olliños do meu doce ben”(v.6-8).`[por Outra]
A imaxe masculina, en primeiro lugar [na
súa primeira mención], amósase como culpable do sufrimento da nena coa súa
desconsideración cara ela, pois non parece corresponder debidamente os
sentimentos da namorada”… choraba sen trégolas/os desdéns dun ingrato galán”
(v.3-4). A partir do verso 14 a visión deste personaxe tórnase moito máis
positiva e implicada sentimentalmente. Percibimos, claramente, un home
desgrazado, lastimado tamén pola dor de verse forzado a deixar a súa terra, o
seu amor. “Emigrado, camiño de América/vai o probe, infelís amador”(v.16-17).
- Localización espacial: A muller aparece no xardín onde
probablemente atope a soidade reflexiva que procura para expresar a súa íntima
desolación. Tamén a noite acolle a súa aflición envolvendo as emocións
románticas baixo a “mirada” da lúa chea. Custa pouco imaxinar este
escenario sentimental como testemuña do amor dos namorados, lugar de
confidencias e intercambios amorosos compartidos pola parella.
O infelís amador sitúase xa,nun
barco,viaxando cara América. A separación destrúeo afectivamente e aférrase á
amada e a súa terra, aproximándose á parte máis cercana a elas “a popa do barco”(v.14).