Que me queres, Amor? Fragmento. 3º ESO (2016-17)
O personaxe narrador, Tino, comparte con nós o namoramento que sente por Lola, unha patinadora auxiliar de caixeiras, e como eses sentimentos o impulsan a provocar unha serie de coincidencias con ela tanto no Híper coma no barrio no que ambos residen. (l. 10-11)
O pxe. principal é Tino, del só coñecemos a admiración amorosa que sente por Lola, unha veciña do barrio e, aínda que no fragmento non se percibe claramente, semella non ser correspondido pola moza" fíxenme o despistado" (l.8). Desta situación afectiva destaca a estratexia do personaxe de facerse o casualmente encontradizo con Lola.(l.9-10). Lola, personaxe feminina coprotagonista, crece antes os nosos ollos porque o narrador está implicado emocionalmente con ela e preséntaa como unha moza con garbo e gracia que se move sobre os patíns con habilidade. O atuendo de traballo formado por unha saia plisada reforza a súa feminidade e captura a atención do seu admirador, o mesmo que a súa cabeleira longa e morena(l.5-6). Pola nota final do fragmento percibimos que simpatiza cos cans pois acariña a cadela de Tino cando coincide con eles no paseo nocturno.
O Híper é o escenario principal, lugar de traballo da moza, serve para describir minimamente o personaxe, as características da súa ocupación laboral e para amosarnos algún dos calculados movementos do mozo para vela.
"Pola mañá, a primeira hora" (L.3) localiza a acción principal do fragmento nas primeiras horas da xornada e resulta imposible no fragmento averiguar cal é a razón deste horario. Outra referencia temporal interesante sería "O paseo nocturno de Perla"(l.9-10),"Eran os minutos máis preciosos do día"(10-11) momentos exclusivos e de certa intimidade na valoración emocional de Tino, condicionado como está polos seus sentimentos.
xoves, 29 de setembro de 2016
mércores, 28 de setembro de 2016
Que me queres, Amor?
Fragmento de Que me queres, Amor? Pertencente
á obra homónima de Manuel Rivas. 3º A -1ª avaliación. Introdución ao estudo e
análise de textos narrativos. Pablo Formoso.
Cóntase
a historia de Tino que vai ver a súa amada ao Híper .
Os
personaxes son Tino, o protagonista, Lola, a súa amada, que ten unha longa cabeleira
morena e traballa no Híper e, por último, Perla, a cadela do protagonista( sen
ela non se podería levar a cabo a historia).
Desenvólvese
no Híper( na caixa central), a primeira hora.
Sabemos
que ocorre pola mañá porque no último parágrafo di “ o paseo nocturno de Perla
estaba rigorosamente sometido ao horario de chegada de Lola”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)