luns, 13 de xaneiro de 2014

Personaxes e espazo na "Cántiga". 1ª tarefa.

CÁNTIGA. MANUEL CURROS ENRÍQUEZ.
Comentario literario. [feito por tres raíñas do comentario aínda aprendices.]
Plano do contido:
  1. Tema: Dor dunha insoportable separación con dobre tráxico final.[ por Ainhoa]
  2. Argumento:  A voz poética conta que unha moza está desolada porque o seu amado marchou, pensa que non vai  encontrar ninguén máis con quen pasar a súa vida.Esta moza  está moi triste, desafógase con miles de bágoas nun xardín ao pé da lúa, como se así, puidese sentir o seu amado máis cerca.
    O amado, emigra nun barco con destino a América, pero este galán, séntese aflixido, só, como se deixase a súa vida atrás, e por un intento de volver xunto a ela, vai camiñando pola popa e máis tarde afoga no mar. [por Rapasa].

  3. Personaxes: Preséntase a personaxe feminina no verso 3 “unha nena” denominación afectiva coa que o narrador asume a complicidade emotiva que quere manter coa personaxe. Esta moza está desconsolada “choraba sin trégolas”(v.3), sofre sen descanso por causa dun mal de amores que o lector non identifica claramente neste instante poético e que se pon de manifesto en “os desdéns dun ingrato galán”(v.4). A voz feminina lamenta o seu desamparo, a vida sen sentido que se presenta ante ela trala ausencia do seu amor”Xa no mundo non teño a ninguén…non ven os meus ollos/os olliños do meu doce ben”(v.6-8).`[por Outra]
       A imaxe masculina, en primeiro lugar [na súa primeira mención], amósase como culpable do sufrimento da nena coa súa desconsideración cara ela, pois non parece corresponder debidamente os sentimentos da namorada”… choraba sen trégolas/os desdéns dun ingrato galán” (v.3-4). A partir do verso 14 a visión deste personaxe tórnase moito máis positiva e implicada sentimentalmente. Percibimos, claramente, un home desgrazado, lastimado tamén pola dor de verse forzado a deixar a súa terra, o seu amor. “Emigrado, camiño de América/vai o probe, infelís amador”(v.16-17).
  1. Localización espacial: A muller aparece no xardín onde probablemente atope a soidade reflexiva que procura para expresar a súa íntima desolación. Tamén a noite acolle a súa aflición envolvendo as emocións románticas baixo a “mirada” da lúa chea. Custa pouco imaxinar este escenario sentimental como testemuña do amor dos namorados, lugar de confidencias e intercambios amorosos compartidos pola parella.

    O infelís amador sitúase xa,nun barco,viaxando cara América. A separación destrúeo afectivamente e aférrase á amada e a súa terra, aproximándose á parte máis cercana a elas “a popa do barco”(v.14).

Ningún comentario:

Publicar un comentario