xoves, 29 de setembro de 2016

Que me queres, Amor? Fragmento. 3º ESO (2016-17)

O personaxe narrador, Tino, comparte con nós o namoramento que sente por Lola, unha patinadora auxiliar de caixeiras, e como eses sentimentos o impulsan a provocar unha serie de coincidencias con ela tanto no Híper coma no barrio no que ambos residen. (l. 10-11)
 O pxe. principal é Tino, del só coñecemos a admiración amorosa que sente por Lola, unha veciña do barrio e, aínda que no fragmento non se percibe claramente, semella non ser correspondido pola moza" fíxenme o despistado" (l.8). Desta situación afectiva destaca a estratexia do personaxe de facerse o casualmente encontradizo con Lola.(l.9-10). Lola, personaxe feminina coprotagonista, crece antes os nosos ollos porque o narrador está implicado emocionalmente con ela e preséntaa como unha moza con garbo e gracia que se move sobre os patíns con habilidade. O atuendo de traballo formado por unha  saia plisada reforza a súa feminidade e captura a atención do seu admirador, o mesmo que a súa cabeleira longa e morena(l.5-6). Pola nota final do fragmento percibimos que simpatiza cos cans pois acariña a cadela de Tino cando coincide con eles no paseo nocturno.
O Híper é o escenario principal, lugar de traballo da moza, serve para describir minimamente o personaxe, as características da súa ocupación laboral e para amosarnos algún dos calculados movementos do mozo para vela.
"Pola mañá, a primeira hora" (L.3) localiza a acción principal do fragmento nas primeiras horas da xornada e resulta imposible no fragmento averiguar cal é a razón deste horario. Outra referencia temporal interesante sería "O paseo nocturno de Perla"(l.9-10),"Eran os minutos máis preciosos do día"(10-11) momentos exclusivos e de certa intimidade na valoración emocional de Tino, condicionado como está polos seus sentimentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario