A orella dereita de Antón de Leivas “Os
outros feirantes” Álvaro Cunqueiro.
Un domingo ao saír da misa, un amigo do
mozo Antón de Leivas descóbrelle a este que a súa orella dereita
medrou moito máis ca esquerda. A familia de Antón confírmalle a
diferenza entre as orellas e que esta aumenta co paso do tempo. Antón
preocupado consulta o seu regresa a
súa aldea pero pola curiosidade dunha veciña convértese nunha
atracción para nenos e grandes pois se decatan de que pola orella
dereita de Antón escóitase o son do mar.
Con este sorprendente talento conquista a
María de Don e casa con ela.
Tema: A orella dereita de Antón transforma
a súa vida nunha bendición.
Antón, ao principio do relato, aparece
presentado pola súa idade “mozo de vintecatro anos”(l.2),
talla “mediana estatura” (l. 2), cor de pel “arroibado” (l.2)
e
circunstancias da súa vida como a
convivencia familiar”vivía cos seus pais e irmáns” (l.1), lugar
de residencia “Vilarelle”(l.1) e nivel socioeconómico da súa
familia”Os Leivas tiñan unha boa labranza ...e era seu o bosque
de Portela” (l.3). Sen embargo será a súa orella dereita a que
condicionará a súa vida proporcionándolle un atractivo social
peculiar ata o punto de que por medio dela seduce a dúas mulleres:
unha viúva, ben conservada e de procedencia urbana” coruñesa ela,
moi branca de pel e aínda de bo ver” (l.19-20) que descobre o seu
talento”mariño” e a outra, María de Don, caracterizada cun só
adxectivo “garrida”(l.24) que inclúe valores positivos como:
nova, fermosa, louzá e forte. O don especial de Antón conquista o
corazón de María, antes indiferente con Antón “ unha moza que
nunca lle fixera caso a Antón”(l. ).
As accións transcorren en torno a aldea
de Vilarelle, pertencente na actualidade ao concello de Outeiro de
Rei (Lugo). Estas alusións toponímicas”...en Vilarelle...fraga de
Unces...médicos de Lugo “mar do Orzán”(l.1-14) ou o xentilicio
“coruñesa” (l.19 e 26) aportan notas realistas e obxectivas ao
encadre espacial contrastando fortemente coa natureza
humorístico-fantástica da temática central do relato a orella
dereita de Antón reproduce o son das ondas do mar.
As
referencias temporais son simples mecanismos narrativos sen maior
relevancia na trama”Un domingo calquera” (l.4),”Un día, unha
veciña”(l.19),
“e desde entón”(l.23).
O narrador en 3ª persoa singular é
neutral ou obxectivo traslada as accións ata a mirada dos lectores,
sen intervir nin acentuar con intención as peripecias fantásticas
que lle ocorren a Antón desde que descobre o aumento de tamaño
da súa
orella dereita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario